miércoles, 29 de junio de 2011

XXI CARREIRA POPULAR DOS VILARES.

XXI CARREIRA POPULAR DOS VILARES. LIGA11
ORGANIZADOR: ASOCIACIÓN DE VECIÑOS OS VILARES
DEPORTE: RUNNING - RUTA (5000m aprox)
FECHA: 13-08-2011
LUGAR: 12:30 CARBALLEIRA DO CONCELLO OS VILARES -OS VILARES-GUITIRIZ 

Más información.

martes, 28 de junio de 2011

Campionato de España de Veteranos: 44 medallas (24 ouros, 7 pratas e 13 bronces)

Na xornada do sabado os veteranos galegos fixéronse cun total de 26 medallas (12 ouros, 4 pratas e 10 bronces) para un total de 30 metais a falta da xornada de hoxe domingo.
Os ouros conseguidos nesta xornada foron os logrados por Flora Guzman en 100 e peso categoria W60; Chus Sanguos 80v W55; Monserrat Riveiro en altura W35; Maria Jose Fraga 100v W55; Rosario Sureda en altura W45; Ana Maria Santos 80v W50; Emilia Mesa en peso W55; Jose Santamaria en 100 M60; Carlos Almudi en martelo M35; Jesús Carballo en 800 M45 e Joaquin Alvarez en disco M55  
A ultima xornada saldouse cun bo ramallete de medallas para os nosos veteranos (11 ouros, 2 pratas e 2 bronces). Asi como varias mellores marcas galega das distintas categorias 
 Sete Mellores marcas galegas
Un total de sete mellores marcas galegas foron melloradas no Campionato en distintas catergorias:
M70 José M. Almudi Martinez en xavelina con 20,50
M50 Jose Fraga Caamaño en peso con 10,73 (iguala)
W55 Mª José Fraga Graña en 100 v. con 19.65
W60 Flora Josefa Guzman Davila en peso con 5,29
M55 Luís Nogueira Fernandez en xavelina con 64,68 e triplo con 11,08
W45 Rosario Sureda Gonzalez en lonxitude con 4,47 Resultados  Actuación Galega

lunes, 27 de junio de 2011

Campionato de España de Veteranos : 1 Ouro e 3 pratas

Bo comezo dos atletas galegos desprazados a Aguilas para a disputa do Campionato de España de Veteranos. 
A primeira xornada saldouse con catro medallas para os nosos representantes (1 ouro e 3 pratas). Os martillistas foron os protagonistas ao facerse Manuel Rodriguez do Real Club Celta na categoria M60 co titulo ao lanzar o artefacto a 32,78 e as pratas conseguíronas José M. Almudi na categoria M70 cun mellor lanzamento de 35,29 e Carlos Ferrer cun mellor rexistro de 43,44 na categoria M50. 
En carreiras na proba de 1500, Javier Toro Montero do Fluvial de Lugo logrou medalla de prata cun bo rexistro de 4.31.99 na categoria M55, conseguindo nova mellor marca galega da categoria. Resultados

lunes, 20 de junio de 2011

CARREIRA POPULAR DE LEIRO


En primer lugar queremos dar las gracias a todas las personas que de una forma u otra participaron en estos últimos 27 años para hacer cada edición más grande esta carrera. Atletas de todas las categorías que, con su presencia y participación, pusieron su nombre y su esfuerzo en el historial de este modesto club de amigos do deporte de Leiro.

También agradecer a los colaboradores de la organización para la ayuda en la realización de cada una de las 27 ediciones, y un recuerdo especial para los que en su día nos dejaron para siempre.

No podemos olvidarnos de los patrocinadores, oficiales y privados, cuya aportación económica ha hecho posible la organización de estas 27 carreras populares que llevamos organizando ininterrumpidamente.

Para los que por primera vez nos veais deciros que la villa de Leiro está situada en el corazón del Ribeiro, famoso, entre otras cosas, por sus buenos vinos, en la mitad del recorrido por carretera entre Ribadavia y Carballiño, y al lado del río Avia. La belleza del entorno de Leiro os ayudará a que volváis y disfruteis de toda la hospitalidad que os ofrecemos.Podeis encontrar unas breves indicaciones de cómo llegar pinchando aquí.

Daros las gracias por vuestro interés y animaros a participar de una forma u otra porque nosotros os esperamos como amigos.

Club amigos do deporte de Leiro.

sábado, 18 de junio de 2011

Carballo celebra a súa I Carreira Popular e Vigo acolle o V Trofeo El Corte Inglés-Día da muller

O Concello de Carballo celebrará o domingo día 19 a súa I Carreira Popular. O concello que xa ten experiencia na organización de eventos atléticos, lembremos que foi sede fai un par de anos do Campionato Galego de campo a través, espera acoller a perto de 500 atletas nesta primeira edición. Por outra parte Vigo, acollerá un ano mais o Trofeo El Corte Inglés coincidindo co día da muller.

Máis de 1.000 corredores inscritos para participar na I Carreira Popular Concello de Carballo

Cartel
Co peche das inscricións o domingo 12 de xuño, a organización informa de que hai un total de 1.001 inscritos para a I Carreira Popular Concello de Carballo que se celebra o domingo 19 de xuño. Desta cifra, un total de 333 pertencen a categorías inferiores, mentres que 668 están incluídos na categoría de adultos e veteranos. Nestes momentos a incrición a través da páxina web do evento está pechada, polo que os adultos que se incriban a partir de agora e ata o peche das inscrición previa a carreira, non poderán correr con chip e non teran dereito a recibir unha camiseta conmemorativa do evento. Porén, poden seguir inscribindose para participar a través do correo electrónico <carballodeporte@carballo.org>. A I Carreira Popular está organizada polo Padroado Deportivo Municipal coa colaboración da Peña Ciclista Media Ducia e o Club Ciclista Carballo, ademais da Deputación da Coruña, o Colexio Oficial de Fisioterapia de Galicia, que atenderá aos corredores durante a carreira, e o CCB-Haley.

As principais rúas da capital municipal carballesa acollen esta I Carreira Popular Concello de Carballo, unha cita deportiva homologada pola Federación Galega de Atletismo e aberta a todas as categorías, xa que participarán corredores de alevín, infantil, cadete, xuvenil, sénior e veteranos. A proba comeza ás 10.00 horas cos alevíns, e irán sucedéndose as saídas cada media hora subindo de categoría ata chegar aos veteranos. A saída e a meta estarán situadas na Gran Vía á altura da Praza do Concello. Respecto da normativa, o tempo máximo de duración da proba de 10 quilómetros será de 1 hora e 20 minutos; o percorrido estará debidamente sinalizado pola organización e existirá 1 posto de avituallamento, aproximadamente no quilómetro 5, máis o especial de meta; os dorsais e o chip entregaranse o día da proba en horario de 9.00 a 11.00 horas e facilitaranse dorsais e chips o día da carreira ata as 11.00 horas, é dicir, 1 hora antes do seu comezo. Haberá duchas no pavillón Municipal Vila de Noia en horario de 10.00 a 14.30 horas e a entrega de premios será a partires das 13.30 horas fronte ao Concello de Carballo.

Os interesados e interesadas poden consultar o regulamento da proba ao completo neste mesmo aviso.

viernes, 17 de junio de 2011

martes, 14 de junio de 2011

Meeting de Madrid 2011: tú puedes ser protagonista



El sábado 9 de julio algunos de los mejores atletas del mundo se darán cita en el Centro Deportivo Municipal de Moratalaz para disputar el Meeting de Madrid 2011, una de las reuniones atléticas más importantes del mundo, encuadrada en la prestigiosa World Challenge de la Asociación Internacional de Federaciones Atléticas (IAAF).
Tú puedes ser protagonista y compartir escenario con los mejores atletas del mundo. Al igual que el año pasado Carnet Corredor te ofrece la posibilidad de participar en las pruebas populares y open, que se celebrarán al comienzo de la reunión. Concretamente se disputarán un 1.000 popular, abierto a todo el mundo, tanto en categoría masculina como femenina y luego sendas pruebas de 800 y 1.500 metros para todos los atletas federados que quieran tomar parte. Los vencedores de estas pruebas recibirán un magnífico premio: un bono de dos billetes de ida y vuelta con Ryanair.
La reunión comenzará a las 18:00 horas con la celebración de la prueba de 1.000 metros mujeres y el martillo internacional también femenino, a las 18:15 será el turno de la misma distancia para hombres. Seguirá a continuación los 800 metros federados femeninos a las 18:40 y su versión masculina a las 18:50 cerrándose el programa previo del Meeting con los 1.500 metros: a las 19:00 será el turno del femenino y a las 19:15 del masculino. A partir de las 19:30 comenzarán las pruebas de carácter internacional hasta aproximadamente las 21:45 horas, a las que podréis quedaros todos los que hayais participado en las pruebas populares y federadas.
¡Inscríbete ya a través de la plataforma de inscripciones de Carnet Corredor y disfruta del mejor atletismo!

jueves, 9 de junio de 2011

Campionato Galego de Montaña

O vindeiro domingo dia 12 na localidade ourensá de Esgos celébrase o Campionato Galego absoluto de Montaña e as categorias junior e promesa. 
A competición dará comezo ás 10.30 horas con saída da Casa do Concello de Esgos. 
Entre os inscritos atópase a actual campioa galega do Ourense Academia Postal, Iria Fernández Fontenla, asi como o subcampeon da edicion anterior Elpidio Gómez Sousa do Adas Proinor do Barco de Valdeorras. 
A proba se preve moi disputada, xa que varios dos participantes teñen serias opcións de facerse co Titulo. atletas inscritos   Mais información

Carreira: Contra o Cancer ....... Corre

A Fundación Educación Deporte e Saúde e o Basquecoruña a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro, en colaboracion co Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo, organiza a carreira "Contra o Cancro....Corre\" a celebrar o domingo dia 12 a partir das 11.00 horas. 
Poderán participar todas as persoas que o desexen e que formalizasen correctamente a súa inscrición. 
O evento constará de tres carreiras diferentes. A primeira será a carreira de menores que comprende a todos os nenos nados entre os anos 1996 ao 2003 sobre unha distancia de 700 metros e a proba dará comiento ás 11.00 horas. 
A segunda carreira a celebrar sera a Marcha Popular Solidaria unha marcha popular solidaria sobre unha distancia de 3000 metros aporximandamente. 
Finalizando a xornada coa carreira de maiores sobre un percorrido de 5000 metros. dandose a saída da proba ás 12.00 horas    Mais información 
Retirada de dorsais:
Na tenda Sport Zone do Centro Comercial Espazo Coruña (Rúa José Pascual López Corton nª 10) o venres dia 10 de 17.00 a 20.30 e sabado dia 11 dasde ao 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.30 horas

CCNós Final Parque de Frigsa

Este domingo celebrase a derradeira carreira do circuito Larsa CCNós que terá lugar nun circuito que se desenrolará nas inmediacións e no interior do parque da Frigsa.
Percorrido da carreira e máis información

II Campus de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega



Organizado por este club de atletismo, e patrocinado polo Concello de Lugo. Dirixido a nenos comprendidos entre os 13 anos e os 6 anos, desenvólvese nas pistas de atletismo Gregorio Perez Rivera, de 9:00 da mañá a 14:00 do mediodia. Conoceran outros deportes, xogos populares, traballarán o desenvolvemento motriz e as habilidades fisicas básicas.Forma de contacto www.sflucus.org, o correo electronico sflucus@yahoo.é ou o teléfono 699519141

Enlace a Web do clube.

domingo, 5 de junio de 2011

Disputado cun gran éxito de participación o Campionato Galego de Veteráns en pista aire libre

Hoxe celebrouse nas pistas de atletismo do CGTD o Campionato Galego de Veteráns que como é costume contou cunha gran cantidade de atletas maiores de 35 anos. A competición desenvolveuse sen complicacións maila a gran particicpación dos atletas veteráns. A xornada de mañán disputada baixo unha calor abofante trouxonos o record galego de disco categoría M40 a cargo del pontevedrés Martín Brea cun lanzamento de 50,33 m.
Na xornada de tarde Emilia Mesa conseguíu batir no primer lanzamento o seu propio record de España de xavelina situando a 34,72 m.
Parabéns a todos os participantes polo seu esforzo.

Resultados

Citius, Altius, Fortius

viernes, 3 de junio de 2011

Campionato Galego Veteranos en pista



No Centro de Tecnificación de Pontevedra celébrase o sabado dia 4 o Campionato Galego en pista.
A compeiticion esta aberta a todos os atletas de 35 anos en diante.
Debido á gran cantidade de participantes a organización viuse obrigada a variar o horario que estaba previsto nalgunhas probas.
Moitos dos participantes competirán no Campionato Nacional a celebrar os dias do 24 ao 26 de Xuño en Aguilas..polo que intentasen porse a punto para a mellorar as súas marcas e asistir ao nacional con opcións de podium. Horario - Inscritos